ActualidadeOpinión

Pensamento á cervexa

por Abraham Balbino

main

ActualidadeOpinión

Pensamento á cervexa

por Abraham Balbino

Un podería botarse as mans á cabeza, e asustarse ante a inestabilidade política que está a vir. Poderiamos, tamen, afastarnos da oportunidade que se nos ven enriba e pensar que todo esto non nos afecta, que son cousas menores, e que non terá consecuencias reais.
Pero estamos, por fin, a vivir a historia. “Estamos a ver a fín dunha etapa e o comezo doutra” (cántas veces leería vostede esta frase nos panfletos), pero esta vez pode palparse no ambiente máis proximo que estamos noutra realidade que a de antes do 20D.
Fanme moita gracia os que se tildan de “revolucionarios” publicamente e defenden que isto vai ser o mesmo de sempre. Así tamen me río dos que din que o cambio está asegurado, claro, conciso.
E é que a resaca electoral parece estar a restar visión a moitos de nós. Máis alá das atonómicas (coas que se lle fai a moitos a boca auga) temos un caldo de cultivo de novos liderazgos, de novos proxectos máis ambiciosos, e agora, tamen máis posibles ca nunca.

—————————————Abro unha cervexa co chisqueiro———————————————-
———————-Achégoa á boca, dou un sorbo e miro inseguro o que levo escrito—————————-

É preciso achegar esta reflexión á realidade inmediata, e pra iso só hai que observar os nosos amigos e familiares, que estan a comentar, con diferentes puntos de vista, sobre a posibilidade de que se repitan as eleccións. A xente ten ganas de historia. A xente quere un momento no que as súas vidas tomen sentido. Porque os recortes priváronnos de poder marcarnos metas, sobre todo á mocidade.
Sabemos que de seguir así, ao máximo ao que poderemos aspirar é a sobrevivir. E se iso é vida, non a quero.
Ao mellor é que son demasiado ambicioso, pero quero poder ter unha profesión. Non xa un traballo mal pagado e temporal. Refirome a unha PROFESIÓN con maiúsculas, un oficio que non me asegure só un medio de subsistencia como posuidor de forza de traballo que vender, senon que me ofreza un futuro, un camiño de esforzo e mérito a percorrer.
Pero claro, eu son un soñador que escribe nunha revista online mentres trata de rematar unha carreira.
Qué saberei eu da vida.
Qué saberei eu de dignidade.
Non podo pedir unha vida mellor, iso é unha abominación. Non podo pedir que se me trate como unha persoa polo mero feito de nacer. Nós, os que nacemos sen herencia e contactos, temos que aprender que non todos temos as mesmas oportunidades.

————————————-Doulle un segundo sorbo á cervexa———————————————-

E por moito que vexa os dentes apretados de raiba ao meu redor, por moito que saiba de suicidios de pais e nais de familia provocados porque son deshauciados e se ven incapaces de facer sobrevivir aos seus fillos (si, aqui en compostela, e se pregunta vostede onde queira que esté non lle sera dificil enterarse dalgún), é inxusto pedir dignidade. É inxusto pedir que o Estado reparta a riqueza. É inxusto, parece ser, pedir xustiza.
Pero ao punto que queria chegar. Fóra da sensación de impotencia que me produce ver o desamparo ao que estamos sometidos, o que temos por diante é o tempo do kairós (“tempo da oportunidade” en grego antigo). O tempo de comezar a construir proxectos políticos ambiciosos. De acabar con privilexios e desigualdades.

—————————————————-Terceiro sorbo—————————————————–

Tempo de construir, a partir dos nosos, unha clase política que responda ante nós, non xa ante élites que se presentan omnipotentes nas pantallas. Porque temos que asumir que o conformismo foi unha mentira. Unha forma de ternos esperando un “dereito” á dignidade que nunca nos ian a regalar.
Vénme á mente meu pai, cando me di: “ti saca a carreira, logo co titulo haberalo ter máis fácil”. E cada vez que me di iso pasan pola miña mente todalas caras dos meus coñecidos que teñen unha formación universitaria e que están en casa obligados a “rascarse os huevos” (perdón pola expresión estimado lector, pero a raiba obrígame), ou traballando de camareiros ou comerciais a comisión,mal pagados “of course” (que se note aí o que estudo) e coa amenaza do despido en caso de non chegar ao cupo.
Pero qué imos a facer… sería unha locura aprobeitar a oportunidade e facer algo bo con ista sociedade.

————————-Abúrrome da cervexa, baleiroa no fregadeiro e arróxoa ao lixo—————————–

En conclusión: Qué desperdicio!

Abraham Balbino

Fago cousas, escribo entre elas.