main

Opinión

Fango

por Abraham Balbino

Temos a manía de chamarlle “logro” ou “gran paso da humanidade” a cada pegada que deixamos neste lodo político actual. 
Tanto a nivel nacional coma estatal, a incapacidade herdada de antigas rendidas de bandeira, sumadas a un relevo xeracional político de profesionais moi modernos e moi correctos, está a crear de novo unha apatía cara o político.
Se as metas da esquerda son as migas, deixar o relieve do seu paso no fango, enton a esquerda está condeada a ser absorvida por este.

Nun momento no que a podredume da monarquía está á luz, na que se ve o tronco podrido, ningunha forza alza o hacha.
Non hai campañas contra o PODER (que non o goberno). Limítase todo o político á intriga de palacio: a loita entre siglas, a loita entre partidos nun plano meramente institucional.

E neste teatrillo pechado, para un público cada vez menor, cólganse as medallas, os puñais voan, e existe un intento constante e patético de ilusionar.
Este circo busca chegar a esa parte humana das masas da que cada vez se alexa máis a través da esaxeración, do simbólico.
Coma os monarcas, realizan ritos coma a entrega de semillas, a vara, o guante, nun intento de reforzar a súa lexitimidade. Pero só ten efecto o teatrillo entre as propias elites.

As queixas sobre o curro tomando algo son moito máis revolucionarias, políticas que calquer debate parlamentario.
As queixas sobre o prezo do aluguer, sobre o abusivo dos requisitos na entrevista de traballo…
E entre tanto símbolo, tanto debate televisado, tanto intento de controlar o debate mediático, a esquerda deixou de escoitar estas conversas, e converteuse nunha burbulla que se retroalimenta e se eleva, alonxando os seus pés cada vez máis da terra.

 

Abraham Balbino

Fago cousas, escribo entre elas.