Aviso legal

Éste é un blogue satírico. Se eres avogado quizais non o notaches. Fiate, é satirico (e a xente normal decátase). Isto implica, entre outras cousas, que nos metamos coa xente, con toda, sen discriminación de sexo, color, raza ou opinión…

Nin a RAE, nin o Código Penal, nin a Wikipedia establecen que a sátira sexa un delito no noso país. Se consideras que o honor do teu representado foi mancillado por algún dos nosos artigos seguramente é porque o merecía. Pensao… gústache de verdade representar legalmente a ese fillo de puta? Sabemos que o panorama laboral está jodido, pero, en serío, seguramente poidas atopar outra cousa. Podes tirar de aforros por unha tempada e, despois, pois as ONGs sempre precisan de avogados. Non pagan moito, pero durmiras mellor polas noites. Dalle unha volta.

Se, a pesares de todo, consideras, como todo bó aspirante a dictador, que “a liberdade de expresión ten os seus límites” e que nos os traspasamos coas nosas palabras sempre podes enviarnos as tuas amenazas a contacto(arroba)ferroleando.com