Uncategorized

Ateneo Ferrolán

por Fran Sequeiro

main

Uncategorized

Ateneo Ferrolán

por Fran Sequeiro

Orixinalmente destinado a vivenda (1762), é unha construción de estilo predominantemente neoclásico. Trátase dun dos edificios máis representativos do barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. En 1985 foi rehabilitado e restaurado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol: o “Ateneo Ferrolán”.

O Ateneo Ferrolán disporá sen límite de tempo do edificio municipal do século XVIII que ocupa dende hai máis de 20 anos na rúa Magdalena 202-204.

O Concello de Ferrol aprobou por unanimidade ceder en precario de forma indefinida ao Ateneo Ferrolán o edificio que ocupa desde fai anos: un inmoble do século XVIII pertencente ao Concello e procedente do Legado Carbajal.

Fran Sequeiro

A veces se me va la pinza así que en vez de gastarme los dineros en psicólogos me aplico la terapía del teclado. De vez en cuando, los astros se alinean, y consigo parir un texto digno de leer